Asociación Cultural AMADEUS ESTATUTOS CAPITULO I – CONSTITUCIÓN, DENOMINACIÓN, ÁMBITO TERRITORIAL, FINS, DURACIÓN E DOMICILIO PRINCIPAL. Artigo   1 . Coa denominación de Asociación Cultural AMADEUS , constitúese en Vigo unha asociación cultural de ámbito a Comunidade Galega, de acordo co establecido na L.O. 1/2002 de 22 de marzo , que regula a inscrición de asociacións culturais e sen interese lucrativo algún. Artigo 2 . Os fins desta Asociación serán: 1. A difusión de todas as expresións culturais galegas, como son a música, a gastronomía, as festas e tradicións populares, promoción, conservación e publicidade das mesmas, actos lúdicos e culturais (literatura, pintura, poesía…), etc., no seu máis amplo termo. Artigo 3 . Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organiza-las seguintes actividades: 1. Concertos musicais 2. Actuación en Festas e Romarías 3. Campañas de captación de fondos e socios. 4. Conferencias, charlas, etc… 5. Publicación de traballos discográficos e literarios de divulgación cultural. Como Asociación sen ánimo de lucro destinaranse ós devanditos fins polo menos o setenta por cento das rendas netas e outros ingresos que se obteñan por calquera concepto exceptuando as aportacións efectuadas en concepto de dotación patrimonial. Os asociados e familiares non serán os principais destinatarios das actividades realizadas pola Asociación. Artigo 4 . O domicilio social da Asociación radicará na localidade de Vigo na rúa Vilagarcía de Arousa, núm. 3, piso 12, puerta C, CP 36209, Vigo (Pontevedra). Artigo   5 . A Asociación en funcións dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 6 . 1. A duración desta Asociación é de carácter indefinido e se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente. 2. A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico. CAPÍTULO II – DOS SOCIOS Artigo   7 . Poderán ser integrantes da Asociación aquelas persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tralo acordo do órgano competente da persoa xurídica, que reúna o requisito de ter algunha relación coa a cultura galega en calquera de seus campos. No caso dos menores de idade non emancipados, de máis de 14 anos, poderán ser socios sempre e cando conten co consentimento das persoas que deban suplir a súa capacidade Artigo 8 . Dentro da Asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados: a) Fundadores/as, aquelas persoas que subscribiron a Acta Fundacional. b) Numerarios/as, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional. c) Son socios infantís, aquelas persoas menores de idade de máis de 14 anos, que participen na Asociación, que estarán integradas na sección infantil, no seu caso. Artigo 9 . Os asociados/as teñen os dereitos seguintes: 1) Toman parte nas Asembleas Xerais con voz e voto. 2) Poden ser elixidos/as para cargos directivos, a excepción dos socios infantis.. 3) Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins. 4) Disfrutar de tódalas vantaxes e beneficios que a Asociación poda obter. 5) Ter copia destes Estatutos. 6) Ser informados sobre a composición da Xunta Directiva. 7) Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación. 8) Facer suxerencias ós membros da Xunta Directiva en orde a mellora-lo cumprimento dos fins da Asociación. 9) Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade. Artigo 10 . Son obrigas dos/as socios/as: 1) Prestar cantos servicios determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos das Asembleas Xerais. 2) Desempeña-los cargos para os que foron elixidos/as. 3) Asistir ás Asembleas Xerais. 4) Satisface-las cotas que se establezan. 5) Observar unha boa conducta individual e cívica. 6) Cumpri-los acordos da Asemblea Xeral e o contido dos Estatutos. A Asemblea Xeral, a proposta do/a presidente/a, pode decidir deixar exento de pagamento a algúns dos/as socios/as das cotas e obrigas establecidas. Artigo   11 . Os acordos de admisión de asociados/as tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que dexesa ser admitida, ante a Asamblea Xeral Extraordinaria, no prazo de dez días hábiles. Contra a súa reposición poderá interporse recurso a xurisdicción ordinaria no prazo de corenta días, tras ter presentado previamente unha solicitude na que constatán os datos persoais do/a aspirante, e as causas polas que quere ser socio/a, dita solicitude será aprobada ou desestimada nun prazo máximo de dez días. No caso de menores de idade e persoas que actúen a través de representante a solicitude deberá ser autorizada polo representante, pai ou titor do solicitante e se acompañará unha acreditación da identidade do/a solicitante. Artigo 12 . A condición de socio/a pérdese: 1) Por realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da Asociación. 2) Por vontade propia. 3) Por falta de pagamento das cotas establecidas pola Asemblea. 4) Por expediente disciplinario. Artigo   13 . A expulsión de socios/as será acordada pola Xunta Directiva trala audiencia da persoa interesada. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdicción ordinaria no prazo de corenta días. Cando a baixa se produza por vontade propia dun/unha asociado/a, este/a deberá realizar unha petición escrita e procederá ó aboamento previo de tódalas cotas que teña pendentes. Artigo 14 . Os/as Asociados/as poderán pedir a separación temporal por escrito. A Xunta Directiva poderá acorda-la separación temporal dun/unha asociado/a cando estea tramitando un expediente sancionador, ou concorran causa xustificadas que o aconsellen, tales como o retraso no pago dalgunha cota, ou comportamentos que afecten a boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de réxime interno, pero en todo caso a Resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria. CAPÍTULO III – A SECCIÓN INFANTIL XUVENIL. Artigo   15. No seo da Asociación e polo acordo da Xunta Directiva coa intención de dar participación e recoñecemento na vida societaria a aquelas persoas que pola súa idade non podan pertencer á Asociación como socios numerarios constitúese unha sección infantil xuvenil, cuxos membros no poderán ter más de 14 anos e menores de 18 anos, e cuxo ingreso deberá facerse consentimento das persoas que legalmente os representen, salvo cando se declarase xuridicamente a súa emancipación. Artigo   16. Os membros infantís aboarán unha cuota especial para a súa idade e lles otorgará iguais dereitos sociais que ó resto dos socios, excepto no relativo as limitacións contidas no artigo 11.4 da LO 1/2002, de 22 de marzo, polo que non poderán formar parte do órgano de representación da asociación. CAPÍTULO IV – DOS MEMBROS HONORARIOS Artigo   17 . A Asociación, por medio da Asemblea Xeral, poderá designar postos honorarios respecto daquelas persoas que, a xuízo do mesmo órgano, cooperen de xeito notable no desenvolvemento dos fins da Asociación. O titulo de membro honorario non confire a calidade de asociado,senón que constitúe unha figura xurídica autónoma. Artigo   18 . Os/as membros/as honorarios/as non intervirán na dirección da Asociación, nin nos órganos de representación da mesma, tampouco poderán investiga-los usos dos seus fondos, pero están facultados/as para asistir as Asembleas Xerais con voz pero sen voto. Asimesmo poderán facer cantas suxestións estimen oportunas á Xunta Directiva ao presentar escritos ás Asembleas Xerais. CAPÍTULO V – DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN Artigo 19 . A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo/a Presidente/a, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral. . Artigo   20 . O/a Presidente/a da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra. O/a Presidente/a será designado/a pola Asemblea Xeral entre os socios que teñan polo menos 1 ano de antigüidade e o seu mandato durará 4 anos. Artigo   21 . A Xunta Directiva estará formada por un/ha Presidente/a, un/ha Vicepresidente/a, un Secretario, un Tesoureiro e tres vocais, cargos que deberán recaer en asociados/as que leven polo menos un ano na Asociación. Artigo   22 . Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interese economizo nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta. Elixiranse po la Asemblea Xeral os cargos é duraran un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente. Os cargos da Xunta Directiva renovaranse por metade. Na primeira quenda serán renovados o Vicepresidente, o Tesoureiro e un Vocal e no segundo, o ano seguinte, o Presidente, o secretario e os outros dous vocais. O primeiro mandato dos cargos da segunda quenda de renovación durará 1 ano máis. O persoal de secretaría, se o houbese, será nomeado pola Xunta Directiva, que acordará ademais a súa retribución. Artigo   23 . Ë función da da Xunta Directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior. Así mesmo procederá a convocar e fixa-la data de Asemblea Xeral, fixa-las cotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designa-las Comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. Corresponderalle tamén todas aquelas outras actividades que le sexan transferidas pola Asemblea. Artigo   24 . A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o/a Presidente/a ou o/a Vicepresidente/a, a iniciativa propia au a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo/a Presidente/a e, na súa ausencia, polo Vicepresidente ou o Secretario por este orde, e a falta de ambos, polo membro da Xunta Directiva que teña máis idade. Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia polo menos, de seis dos seus membros. No caso de empate, decidirá o voto do/a Presidente/a. O Secretario au, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións, que se transcribirá no libro de actas. Artigo   25 . Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de recadar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o numero de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes. Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdobren en subcomisións. Artigo   26 . A Asemblea Xeral de asociados/as é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva. Artigo   27 A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos/as socios/as. Neste ultimo caso realizarase por medio de escrito dirixido ó/a Presidente/a, autorizado coas firmas dos/as solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día. Artigo    28 A Asemblea Xeral ordinaria reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses da cada ano. Tanto a Asemblea ordinaria como extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva. A notificación farase nos locais da Asociación para as Asembleas extraordinarias. Artigo 29 . Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria: 1. Aproba-la acta da reunión anterior. 2. Aproba-lo plan de actividades. 3. Examinar4 e aproba-la memoria de actividades. 4. Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior. 5. Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio. 6. Exame e apr5obación das contas. Artigo 30 . Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria: 1. Modifica-los Estatutos da Asociación. 2. Elixi-los integrantes da Xunta Directiva. 3. Aproba-la federación con outras Asociacións. 4. Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais. 5. Acorda-la disolución da Asociación. 6. Designa-los/as liquidadores/as. 7. Ratifica-la expulsión de asociados/as a proposta da Xunta Directiva. 8. Solicita-la declaración de utilidade pública da Asociación. 9. Aproba-lo regulamento de réxime interno da Asociación. 10. As que sendo de competencia da Asemblea Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a Asociación. 11. Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral ordinaria ou a Xunta Directiva. Artigo   31 . Para que as asembleas poidan tomar acordos, integraranse polos/as asociados/as asistentes, sempre que concorran a metade mais un do total na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes. Artigo   32 . Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados 1 ó 7 do artigo 27, que requirirán maioría de dous tercios. A Continuación levaranse os acordos ó libro de Actas e asinará o/a Presidente/a, o/a Secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría. Artigo 33 . Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes. As sesións se abrirán cando así o determine o Presidente. Seguidamente se procederá por parte do Secretario á lectura da acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobada. Posteriormente o Secretario procederá a plantear a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose a aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate. Unha vez rematados tódolos asuntos da orde do día se procederá, se a presidencia o considera oportuno ou o solicitan un 10% dos asociados/as inscritos no libro de membros, a facer unha quenda de rogos e preguntas e adopción de acordos, concluído o que se levantará a sesión por parte do Presidente. Artigo   34 . Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdicción ordinaria. Artigo 35 . O/a Presidente/a da Xunta Directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 17, as seguintes retribucións: a) Presidir e levanta-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixi-las deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate. b) Propoñe-lo plan de actividades da Asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas. c) Ordear os pagamentos acordados validamente. d) Representa-la Asociación perante calquera organismo público ou privado. e) Firma-las actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co/a Secretario/a ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate. O/a Presidente/a será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que, ademais, substituiralle nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade. Artigo   36 . O/a Secretario/a recibirá e tramitará solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados/as e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Corresponderalle así mesmo notifica-las convocatorias e custodia-las actas e expedi-las certificacións das mesmas co visto e prace do/a Presidente/a. O/a Secretario/a corresponderalle tamén leva-lo inventario dos bens da Asociación nun libro establecido ó efecto. Artigo    37 . O/a Tesoureiro/a recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o/a Presidente/a, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participa en tódalas operacións de orde económico. O/a Tesoureiro/a ten a obriga de proceder ó peche do exercicio presupostario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean á disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Ordinaria. Artigo 38 . Os/as Vocais no número que determine a Asemblea Xeral terán as seguintes atribucións: 1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación. 2. Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva. CAPÍTULO V – RÉXIME ECONÓMICO Artigo   39 . A Asociación no momento de inicia-las súas actividades dispón dun patrimonio de 0,00 €. Ó peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural. Artigo   40 . A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de presuposto será elaborado polo/a Tesoureiro/a da Asociación que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poda ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria. Artigo 41 . A Asociación manterase dos seguintes recursos: 1. As cotas periódicas dos/as asociados/as. 2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea. 3. As doazón ou subvención que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares. 4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da Asociación. 5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas. Artigo   42 . As cotas ordinarias acórdanse pola Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva non sendo reintegrables en caso algún e dedicándose a atende-las necesidades da Asociación. Artigo   43 . Anualmente con referencia ó último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo. Artigo 44 . Anualmente no tempo que establece o artigo 25 será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral Ordinaria. Artigo   45 . Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na entidade bancaria correspondente o/a Presidente/a e o/a Tesoureiro/a, para a utilización conxunta deles. Artigo 46 . Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola Asociación. CAPÍTULO VI – DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO Artigo   47 . O Regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas nos presentes Estatutos, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso, o funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento xurisdiccional civil. CAPITULO VII – MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN Artigo   48 . Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou ¼ dos socios/as. A convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 7 días para calquera socio/a poidan dirixir á Secretaría as propostas e emendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma. Artigo 49 . Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 dos membros da Asemblea Xeral de socios/as. Artigo 50 . A Asociación disolverase polas seguintes causas: 1. Pola vontade dos asociados/as acordada polos 2/3 partes dos mesmos/as. 2. Por outras causas determinadas legalmente. 3. Por sentencia xudicial. Artigo   51 . Acordada a disolución a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores/as, que xunto o/a Presidente/a e o/a Tesoureiro/a, procederán a efectua-la liquidación dos bens, pagando as débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante. Artigo   52 . O haber resultante unha vez realizada a liquidación doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña os mesmos ou similares fins ós desta Asociación. O xustificante da doazón será presentado no rexistro de asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación. Vigo, 12 de Xaneiro de 2018
CAPITULO I – CONSTITUCIÓN, DENOMINACIÓN, ÁMBITO TERRITORIAL, FINS, DURACIÓN E DOMICILIO PRINCIPAL. Artigo   1 . Coa denominación de Asociación Cultural AMADEUS , constitúese en Vigo unha asociación cultural de ámbito a Comunidade Galega, de acordo co establecido na L.O. 1/2002 de 22 de marzo , que regula a inscrición de asociacións culturais e sen interese lucrativo algún. Artigo 2 . Os fins desta Asociación serán: 1. A difusión de todas as expresións culturais galegas, como son a música, a gastronomía, as festas e tradicións populares, promoción, conservación e publicidade das mesmas, actos lúdicos e culturais (literatura, pintura, poesía…), etc., no seu máis amplo termo. Artigo 3 . Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organiza-las seguintes actividades: 1. Concertos musicais 2. Actuación en Festas e Romarías 3. Campañas de captación de fondos e socios. 4. Conferencias, charlas, etc… 5. Publicación de traballos discográficos e literarios de divulgación cultural. Como Asociación sen ánimo de lucro destinaranse ós devanditos fins polo menos o setenta por cento das rendas netas e outros ingresos que se obteñan por calquera concepto exceptuando as aportacións efectuadas en concepto de dotación patrimonial. Os asociados e familiares non serán os principais destinatarios das actividades realizadas pola Asociación. Artigo 4 . O domicilio social da Asociación radicará na localidade de Vigo na rúa Vilagarcía de Arousa, núm. 3, piso 12, puerta C, CP 36209, Vigo (Pontevedra). Artigo   5 . A Asociación en funcións dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 6 . 1. A duración desta Asociación é de carácter indefinido e se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente. 2. A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico. CAPÍTULO II – DOS SOCIOS Artigo   7 . Poderán ser integrantes da Asociación aquelas persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tralo acordo do órgano competente da persoa xurídica, que reúna o requisito de ter algunha relación coa a cultura galega en calquera de seus campos. No caso dos menores de idade non emancipados, de máis de 14 anos, poderán ser socios sempre e cando conten co consentimento das persoas que deban suplir a súa capacidade Artigo 8 . Dentro da Asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados: a) Fundadores/as, aquelas persoas que subscribiron a Acta Fundacional. b) Numerarios/as, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional. c) Son socios infantís, aquelas persoas menores de idade de máis de 14 anos, que participen na Asociación, que estarán integradas na sección infantil, no seu caso. Artigo 9 . Os asociados/as teñen os dereitos seguintes: 1) Toman parte nas Asembleas Xerais con voz e voto. 2) Poden ser elixidos/as para cargos directivos, a excepción dos socios infantis.. 3) Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins. 4) Disfrutar de tódalas vantaxes e beneficios que a Asociación poda obter. 5) Ter copia destes Estatutos. 6) Ser informados sobre a composición da Xunta Directiva. 7) Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación. 8) Facer suxerencias ós membros da Xunta Directiva en orde a mellora-lo cumprimento dos fins da Asociación. 9) Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade. Artigo 10 . Son obrigas dos/as socios/as: 1) Prestar cantos servicios determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos das Asembleas Xerais. 2) Desempeña-los cargos para os que foron elixidos/as. 3) Asistir ás Asembleas Xerais. 4) Satisface-las cotas que se establezan. 5) Observar unha boa conducta individual e cívica. 6) Cumpri-los acordos da Asemblea Xeral e o contido dos Estatutos. A Asemblea Xeral, a proposta do/a presidente/a, pode decidir deixar exento de pagamento a algúns dos/as socios/as das cotas e obrigas establecidas. Artigo   11 . Os acordos de admisión de asociados/as tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que dexesa ser admitida, ante a Asamblea Xeral Extraordinaria, no prazo de dez días hábiles. Contra a súa reposición poderá interporse recurso a xurisdicción ordinaria no prazo de corenta días, tras ter presentado previamente unha solicitude na que constatán os datos persoais do/a aspirante, e as causas polas que quere ser socio/a, dita solicitude será aprobada ou desestimada nun prazo máximo de dez días. No caso de menores de idade e persoas que actúen a través de representante a solicitude deberá ser autorizada polo representante, pai ou titor do solicitante e se acompañará unha acreditación da identidade do/a solicitante. Artigo 12 . A condición de socio/a pérdese: 1) Por realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da Asociación. 2) Por vontade propia. 3) Por falta de pagamento das cotas establecidas pola Asemblea. 4) Por expediente disciplinario. Artigo   13 . A expulsión de socios/as será acordada pola Xunta Directiva trala audiencia da persoa interesada. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdicción ordinaria no prazo de corenta días. Cando a baixa se produza por vontade propia dun/unha asociado/a, este/a deberá realizar unha petición escrita e procederá ó aboamento previo de tódalas cotas que teña pendentes. Artigo 14 . Os/as Asociados/as poderán pedir a separación temporal por escrito. A Xunta Directiva poderá acorda-la separación temporal dun/unha asociado/a cando estea tramitando un expediente sancionador, ou concorran causa xustificadas que o aconsellen, tales como o retraso no pago dalgunha cota, ou comportamentos que afecten a boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de réxime interno, pero en todo caso a Resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria. CAPÍTULO III – A SECCIÓN INFANTIL XUVENIL. Artigo   15. No seo da Asociación e polo acordo da Xunta Directiva coa intención de dar participación e recoñecemento na vida societaria a aquelas persoas que pola súa idade non podan pertencer á Asociación como socios numerarios constitúese unha sección infantil xuvenil, cuxos membros no poderán ter más de 14 anos e menores de 18 anos, e cuxo ingreso deberá facerse consentimento das persoas que legalmente os representen, salvo cando se declarase xuridicamente a súa emancipación. Artigo   16. Os membros infantís aboarán unha cuota especial para a súa idade e lles otorgará iguais dereitos sociais que ó resto dos socios, excepto no relativo as limitacións contidas no artigo 11.4 da LO 1/2002, de 22 de marzo, polo que non poderán formar parte do órgano de representación da asociación. CAPÍTULO IV – DOS MEMBROS HONORARIOS Artigo   17 . A Asociación, por medio da Asemblea Xeral, poderá designar postos honorarios respecto daquelas persoas que, a xuízo do mesmo órgano, cooperen de xeito notable no desenvolvemento dos fins da Asociación. O titulo de membro honorario non confire a calidade de asociado,senón que constitúe unha figura xurídica autónoma. Artigo   18 . Os/as membros/as honorarios/as non intervirán na dirección da Asociación, nin nos órganos de representación da mesma, tampouco poderán investiga-los usos dos seus fondos, pero están facultados/as para asistir as Asembleas Xerais con voz pero sen voto. Asimesmo poderán facer cantas suxestións estimen oportunas á Xunta Directiva ao presentar escritos ás Asembleas Xerais. CAPÍTULO V – DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN Artigo 19 . A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo/a Presidente/a, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral. . Artigo   20 . O/a Presidente/a da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra. O/a Presidente/a será designado/a pola Asemblea Xeral entre os socios que teñan polo menos 1 ano de antigüidade e o seu mandato durará 4 anos. Artigo   21 . A Xunta Directiva estará formada por un/ha Presidente/a, un/ha Vicepresidente/a, un Secretario, un Tesoureiro e tres vocais, cargos que deberán recaer en asociados/as que leven polo menos un ano na Asociación. Artigo   22 . Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interese economizo nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta. Elixiranse po la Asemblea Xeral os cargos é duraran un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente. Os cargos da Xunta Directiva renovaranse por metade. Na primeira quenda serán renovados o Vicepresidente, o Tesoureiro e un Vocal e no segundo, o ano seguinte, o Presidente, o secretario e os outros dous vocais. O primeiro mandato dos cargos da segunda quenda de renovación durará 1 ano máis. O persoal de secretaría, se o houbese, será nomeado pola Xunta Directiva, que acordará ademais a súa retribución. Artigo   23 . Ë función da da Xunta Directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior. Así mesmo procederá a convocar e fixa-la data de Asemblea Xeral, fixa-las cotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designa-las Comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. Corresponderalle tamén todas aquelas outras actividades que le sexan transferidas pola Asemblea. Artigo   24 . A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o/a Presidente/a ou o/a Vicepresidente/a, a iniciativa propia au a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo/a Presidente/a e, na súa ausencia, polo Vicepresidente ou o Secretario por este orde, e a falta de ambos, polo membro da Xunta Directiva que teña máis idade. Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia polo menos, de seis dos seus membros. No caso de empate, decidirá o voto do/a Presidente/a. O Secretario au, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións, que se transcribirá no libro de actas. Artigo   25 . Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de recadar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o numero de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes. Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdobren en subcomisións. Artigo   26 . A Asemblea Xeral de asociados/as é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva. Artigo   27 A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos/as socios/as. Neste ultimo caso realizarase por medio de escrito dirixido ó/a Presidente/a, autorizado coas firmas dos/as solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día. Artigo    28 A Asemblea Xeral ordinaria reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses da cada ano. Tanto a Asemblea ordinaria como extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva. A notificación farase nos locais da Asociación para as Asembleas extraordinarias. Artigo 29 . Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria: 1. Aproba-la acta da reunión anterior. 2. Aproba-lo plan de actividades. 3. Examinar4 e aproba-la memoria de actividades. 4. Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior. 5. Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio. 6. Exame e apr5obación das contas. Artigo 30 . Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria: 1. Modifica-los Estatutos da Asociación. 2. Elixi-los integrantes da Xunta Directiva. 3. Aproba-la federación con outras Asociacións. 4. Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais. 5. Acorda-la disolución da Asociación. 6. Designa-los/as liquidadores/as. 7. Ratifica-la expulsión de asociados/as a proposta da Xunta Directiva. 8. Solicita-la declaración de utilidade pública da Asociación. 9. Aproba-lo regulamento de réxime interno da Asociación. 10. As que sendo de competencia da Asemblea Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a Asociación. 11. Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral ordinaria ou a Xunta Directiva. Artigo   31 . Para que as asembleas poidan tomar acordos, integraranse polos/as asociados/as asistentes, sempre que concorran a metade mais un do total na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes. Artigo   32 . Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados 1 ó 7 do artigo 27, que requirirán maioría de dous tercios. A Continuación levaranse os acordos ó libro de Actas e asinará o/a Presidente/a, o/a Secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría. Artigo 33 . Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes. As sesións se abrirán cando así o determine o Presidente. Seguidamente se procederá por parte do Secretario á lectura da acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobada. Posteriormente o Secretario procederá a plantear a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose a aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate. Unha vez rematados tódolos asuntos da orde do día se procederá, se a presidencia o considera oportuno ou o solicitan un 10% dos asociados/as inscritos no libro de membros, a facer unha quenda de rogos e preguntas e adopción de acordos, concluído o que se levantará a sesión por parte do Presidente. Artigo   34 . Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdicción ordinaria. Artigo 35 . O/a Presidente/a da Xunta Directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 17, as seguintes retribucións: a) Presidir e levanta-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixi-las deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate. b) Propoñe-lo plan de actividades da Asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas. c) Ordear os pagamentos acordados validamente. d) Representa-la Asociación perante calquera organismo público ou privado. e) Firma-las actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co/a Secretario/a ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate. O/a Presidente/a será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que, ademais, substituiralle nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade. Artigo   36 . O/a Secretario/a recibirá e tramitará solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados/as e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Corresponderalle así mesmo notifica-las convocatorias e custodia-las actas e expedi-las certificacións das mesmas co visto e prace do/a Presidente/a. O/a Secretario/a corresponderalle tamén leva-lo inventario dos bens da Asociación nun libro establecido ó efecto. Artigo    37 . O/a Tesoureiro/a recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o/a Presidente/a, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participa en tódalas operacións de orde económico. O/a Tesoureiro/a ten a obriga de proceder ó peche do exercicio presupostario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean á disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Ordinaria. Artigo 38 . Os/as Vocais no número que determine a Asemblea Xeral terán as seguintes atribucións: 1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación. 2. Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva. CAPÍTULO V – RÉXIME ECONÓMICO Artigo   39 . A Asociación no momento de inicia-las súas actividades dispón dun patrimonio de 0,00 €. Ó peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural. Artigo   40 . A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de presuposto será elaborado polo/a Tesoureiro/a da Asociación que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poda ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria. Artigo 41 . A Asociación manterase dos seguintes recursos: 1. As cotas periódicas dos/as asociados/as. 2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea. 3. As doazón ou subvención que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares. 4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da Asociación. 5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas. Artigo   42 . As cotas ordinarias acórdanse pola Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva non sendo reintegrables en caso algún e dedicándose a atende-las necesidades da Asociación. Artigo   43 . Anualmente con referencia ó último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo. Artigo 44 . Anualmente no tempo que establece o artigo 25 será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral Ordinaria. Artigo   45 . Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na entidade bancaria correspondente o/a Presidente/a e o/a Tesoureiro/a, para a utilización conxunta deles. Artigo 46 . Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola Asociación. CAPÍTULO VI – DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO Artigo   47 . O Regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas nos presentes Estatutos, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso, o funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento xurisdiccional civil. CAPITULO VII – MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN Artigo   48 . Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou ¼ dos socios/as. A convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 7 días para calquera socio/a poidan dirixir á Secretaría as propostas e emendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma. Artigo 49 . Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 dos membros da Asemblea Xeral de socios/as. Artigo 50 . A Asociación disolverase polas seguintes causas: 1. Pola vontade dos asociados/as acordada polos 2/3 partes dos mesmos/as. 2. Por outras causas determinadas legalmente. 3. Por sentencia xudicial. Artigo   51 . Acordada a disolución a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores/as, que xunto o/a Presidente/a e o/a Tesoureiro/a, procederán a efectua-la liquidación dos bens, pagando as débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante. Artigo   52 . O haber resultante unha vez realizada a liquidación doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña os mesmos ou similares fins ós desta Asociación. O xustificante da doazón será presentado no rexistro de asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación.